5.3. Ascendentes maiores de 65 anos ou con discapacidade
Neste apartado relacionaranse:
Os ascendentes do «Primeiro declarante» e do «Cónxuxe», que dean dereito á aplicación do
mínimo por ascendentes.
-
Farase constar o número de identificación fiscal (N.I.F.) de cada unha das persoas relacionadas.
Atención: para poder imprimir os modelos oficiais o programa esixe reflectir necesariamente o NIF dos ascendentes relacionados.
-
APELIDOS E NOME
Consignaranse os dous apelidos e o nome de cada unha das persoas relacionadas.
-
DATA DE NACEMENTO
Indicarase o día, mes e ano de nacemento de cada unha das persoas relacionadas.
-
DATA DE FALECEMENTO
Indicarase o día e o mes do exercicio 2017 en que se producise o falecemento dos ascendentes. Debemos de ter en conta que no caso de falecemento do ascendente, a convivencia debe haberse producido durante, polo menos, a metade do período transcorrido entre o un de xaneiro e a devandita data.
-
DISCAPACIDADE (grao)
No caso de que, considerando a situación existente o día 31-12-2017 algunha das persoas relacionadas poida acreditar un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por 100, reflectirase o grao de discapacidade recoñecido entre os que se indican a continuación:
-
Discapacidade en grao igual ou superior ao 33 %e inferior ao 65 % (para o caso de non estar na situación 2)
-
Discapacidade en grao igual ou superior ao 33 %e inferior ao 65 %, se se acredita necesitar axuda de terceiras persoas ou mobilidade reducida.
-
Discapacidade en grao igual ou superior ao 65 %
- Incapacitación xudicial por sentenza da xurisdición civil.
Polos ascendentes cuxa discapacidade fose declarada xudicialmente deberase indicar como mínimo un grao de discapacidade do 65 por 100, aínda que non acaden o devandito grao.
-
-
VINCULACIÓN
De cada un dos ascendentes relacionados farase constar a clave que corresponda de que se indican a continuación:
"D" = Ascendente do «Primeiro declarante».
"C" = Ascendente do «Cónxuxe».
-
CONVIVENCIA CON VARIOS DESCENDENTES
Unicamente cubrirase o recadro "Convivencia" cando algún dos ascendentes relacionados neste apartado, ademais de depender e convivido co «Primeiro declarante» ou co «Cónxuxe» polo menos durante a metade do exercicio, dependese e convivido, tamén polo menos durante a metade do exercicio, con outros descendentes do mesmo grao. No caso de falecemento do ascendente, que o contribuínte convivise polo menos a metade do período que media entre o un de xaneiro e a data de falecemento. Con esta finalidade deberase cubrir nos recadros do ascendente, a data de falecemento durante o exercicio 2017.
En tales supostos, se dous ou máis contribuíntes teñen dereito á aplicación das reducións por idade, asistencia ou discapacidade, o seu importe ratearase entre eles por partes iguais, polo que se fará constar no recadro "Convivencia" o número total de descendentes do mesmo grao, incluído o propio contribuínte, de que o ascendente dependese en 2017 e cos que así mesmo convivise durante, polo menos, a metade do período mencionado anteriormente.
Por exemplo, se o pai do «Primeiro declarante» dependeu e convivido durante todo o ano 2017 co devandito contribuínte e, simultaneamente, con outro dos seus fillos, no recadro "Convivencia" consignarase o número 2, que é o número total de descendentes do mesmo grao (fillos, neste caso) de que dependeu e cos que conviviu en 2017 o pai do «Primeiro declarante».
Adicionalmente, se tivese dereito á dedución por ascendente con discapacidade, deberá encher os datos que, adicionalmente, se lle solicitan. A formalización deste apartado éxpónse dentro da dedución propiamente dita.