8.10. Cota diferencial e resultado da declaración
O programa calculará a cota diferencial e o resultado da declaración.
A cota diferencial será a diferenza entre o importe consignado nos recadros 0557 e 0569. De obterse unha cantidade negativa, o importe do recadro 0570 aparecerá precedido do signo menos (-).
O resultado da declaración será o produto da seguinte operación: recadros (0570-0571+0572-0582+0583-0595+0596-0609+0610-0611+0612+0613+0615) De obterse unha cantidade negativa, o importe do recadro 595 aparecerá precedido do signo menos (-). Se o resultado da declaración é unha cantidade positiva, deberá ingresar o seu importe.
Se o resultado da declaración é unha cantidade negativa, o contribuínte ten dereito á devolución da cantidade que resulte ao seu favor.