Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2017

8.4.7. Pensións compensatorias ao cónxuxe e anualidades por alimentos

A base impoñible poderá reducirse no importe das pensións compensatorias a favor do cónxuxe e das anualidades por alimentos, con excepción das fixadas a favor dos fillos do contribuínte, satisfeitas ambas as dúas por decisión xudicial. 

Formalización

Débese consignar obrigatoriamente o NIF da persoa que recibe a pensión compensatoria ou a anualidade por alimentos, e tamén as cantidades pagas no exercicio.

Se a persoa que recibe a pensión compensatoria ou a anualidade por alimentos non reside en España e non ten NIF español, deberá reflectir o número de identificación que teña no país de residencia

BENEFICIARIOS DO PATRIMONIO PROTEXIDO (art.2 LEI 41/2003)

  1. O patrimonio protexido das persoas con discapacidade terá como beneficiario, exclusivamente, á persoa en cuxo interese se constitúa, que será o seu titular.

  2. Aos efectos desta lei unicamente terán a consideración de persoas con discapacidade:

    • As afectadas por unha discapacidade psíquica igual ou superior ao 33 por cento.

    • As afectadas por unha discapacidade física ou sensorial igual ou superior ao 65 por cento.

  3. O grao de discapacidade acreditarase mediante certificado expedido conforme ao establecido regulamentariamente ou por resolución xudicial firme.