12.2. Exceso non reducido achegas sistemas de previsión social
Neste apartado quedarán reflectidas as partidas introducidas no recadro 0464, cantidades pendentes de reducir procedentes dos exercicios 2013 a 2017, e as cantidades que quedarían pendentes para exercicios futuros. Estas cantidades deberían estar consignadas nas declaracións deses exercicios, solicitando a posibilidade de redución nos 5 exercicios seguintes.
Tamén se reflectirán as cantidades achegadas no exercicio 2018, e as cantidades non aplicadas que se solicita poder reducir nos 5 exercicios seguintes.
Neste apartado non estarán incluídas as contribucións empresariais a seguros colectivos de dependencia.