3.4.2. Solicitude de suspensión do ingreso
Cando o contribuínte que utilice o programa Renda Web desexe acollerse ao procedemento de suspensión do ingreso da débeda tributaria deberá marcar o recadro 07 do documento de ingreso ou devolución da súa declaración, ou ben o número de recadro 0643 ou 0644 no apartado P da páxina 19.
Só é posible optar por este procedemento cando o resultado da declaración (recadro 0645) dun do cónxuxes integrantes da unidade familiar sexa unha cantidade positiva (a ingresar) e, simultaneamente, o resultado da declaración do outro cónxuxe sexa unha cantidade negativa (a devolver).
Ademais o programa tampouco permite acollerse a este procedemento de suspensión do ingreso cando se trate de declaracións complementarias.
Se se cumpren estas condicións o programa cubrirá o Apartado P na páxina 19 de "Solicitude de suspensión do ingreso dun cónxuxe/Renuncia ao cobramento da devolución do outro cónxuxe" minorando o importe que hai que ingresar da declaración positiva ata o máximo que permita o resultado que hai que devolver da outra, que se verá reducido nesa mesma contía.
ATENCIÓN
É importante que o cónxuxe que renuncie, xa sexa total ou parcialmente, ao cobramento efectivo da súa devolución indique na declaración o Código IBAN da conta onde desexaría recibir a devolución á que eventualmente puidese ter dereito como consecuencia das posteriores comprobacións realizadas pola Administración tributaria.