Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

7.4.6.6.2. Apartado D: relación de bens inmobles urbanos afectos a actividades económicas ou obxecto de arrendamento de negocio

No apartado D da páxina  5 da declaración deberá relacionar aqueles inmobles de natureza urbana que durante todo ou parte do período impositivo estivesen afectos a actividades económicas ou fosen obxecto de arrendamento de negocios. Indicarase a través dunha xanela de captura de datos, a porcentaxe de titularidade no inmoble, a natureza,   a clave de situación e, se é o caso, a referencia catastral.

Cando a titularidade do inmoble afecto ou obxecto de arrendamento de negocio corresponda a unha entidade en réxime de atribución de rendas, todos e cada un dos contribuíntes que sexan membros ou partícipes da entidade deberán relacionar o devandito inmoble no apartado D, indicando a porcentaxe de participación que lle corresponda na titularidade do mesmo.