8.12. Regularización de declaracións anteriores
Pode acontecer que, unha vez presentada a declaración do Imposto sobre a Renda, o contribuínte advirta erros ou omisións nos datos declarados. A vía para a rectificación de tales anomalías é diferente, dependendo de que os erros ou omisións causasen un prexuízo á Facenda Pública ou ao propio contribuínte.
RECTIFICACIÓN DE AUTOLIQUIDACIÓN: Se as declaracións presentadas con anterioridade supuxeron un prexuízo ao contribuínte, como a omisión dalgunha dedución, a declaración dalgunha renda exenta, entre outros, o contribuínte poderá solicitar a rectificación da devandita declaración mediante un escrito presentado ante a Administración ou Delegación que corresponda.
Non obstante, o programa incorporou un apartado específico para solicitar a modificación de autoliquidacións de xeito que se se marca o recadro 127 de solicitude de rectificación, a autoliquidación fai as funcións de escrito de solicitude.