8.4.1. Redución por tributación conxunta
As unidades familiares que opten pola tributación conxunta terán dereito á seguinte redución:
- Na primeira modalidade de unidade familiar a base impoñible reducirase en 3.400 euros anuais.
- Na segunda modalidade de unidade familiar a base impoñible reducirase en 2.150 euros anuais. Non se aplicará esta redución cando o contribuínte conviva co pai ou a nai dalgún dos fillos que forman parte da súa unidade familiar.
Aplicación da redución por tributación conxunta:
A redución aplicarase, en primeiro lugar, á base impoñible xeral sen que poida resultar negativa como consecuencia de tal minoración. O remanente, se o houbese, minorará a base impoñible do aforro, que tampouco poderá resultar negativa.