8.4.7. Pensións compensatorias ao cónxuxe e anualidades por alimentos
A base impoñible poderá reducirse no importe das pensións compensatorias a favor do cónxuxe e das anualidades por alimentos, con excepción das fixadas a favor dos fillos do contribuínte, satisfeitas ambas as dúas por decisión xudicial.
Formalización
Débese consignar obrigatoriamente o NIF da persoa que recibe a pensión compensatoria ou a anualidade por alimentos, e tamén as cantidades pagas no exercicio.
Se a persoa que recibe a pensión compensatoria ou a anualidade por alimentos non reside en España e non ten NIF español, deberá reflectir o número de identificación que teña no país de residencia
BENEFICIARIOS DO PATRIMONIO PROTEXIDO (art.2 LEI 41/2003)
-
O patrimonio protexido das persoas con discapacidade terá como beneficiario, exclusivamente, á persoa en cuxo interese se constitúa, que será o seu titular.
-
Aos efectos desta lei unicamente terán a consideración de persoas con discapacidade:
-
As afectadas por unha discapacidadpsíquica igual ou superior ao 33 por cento.
-
As afectadas por unha discapacidadfísica ou sensorial igual ou superior ao 65 por cento.
-
-
O grao de discapacidadse acreditará mediante certificado expedido conforme ao establecido regulamentariamente ou por resolución xudicial firme.