Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

9.8.3. Dedución por investimento en elementos novos do inmobilizado material ou investimentos inmobiliarios afectas a actividades económicas

Poden aplicar esta dedución os contribuíntes do IRPF que realicen actividades económicas e que cumpran os requisitos para ser considerados como entidade de reducida dimensión, no exercicio en que se obteñan os rendementos obxecto de investimento.

Obxecto e Base da dedución

Darán dereito á dedución os rendementos netos de actividades económicas dos exercicios 2017 e 2018 que se invistan en elementos novos do inmobilizado material ou investimentos inmobiliarios afectos a actividades económicas desenvolvidas polo contribuínte.

O importe dos rendementos netos de actividades económicas que se invisten en elementos novos afectos debe consignarse nos recadros 0830 e 0833, dependendo do exercicio do investimento do anexo A.4) da declaración.

Con esta finalidade enténdese que os rendementos netos de actividades económicas do período impositivo son obxecto de investimento cando se invista unha contía equivalente á parte da base liquidable xeral positiva do período impositivo que corresponda a tales rendementos, sen que en ningún caso a mesma contía poida entenderse investida en máis dun activo.

A base da dedución será a contía investida, isto é, a parte da base liquidable xeral positiva do período impositivo correspondente aos rendementos netos de actividades económicas do período impositivo obxecto de investimento en elementos novos do inmobilizado material ou investimentos inmobiliarios.

Prazo para realizar o investimento

O investimento en elementos patrimoniais afectos a actividades económicas deberá realizarse no período impositivo en que se obteñan os rendementos obxecto de reinvestimento ou no período impositivo seguinte.

O dereito á aplicación da dedución producirase no período impositivo en que se realiza o investimento, aínda que, estará condicionado á afectación do elemento patrimonial á actividade económica dentro do prazo de investimento.

O investimento entenderase efectuada na data en que se produza a posta a disposición dos elementos patrimoniais, incluso no suposto de elementos patrimoniais que sexan obxecto dos contratos de arrendamento financeiro aos que se refire o apartado 1 da disposición adicional sétima da Lei 26/1988, do 29 de xullo, sobre disciplina e intervención das entidades de crédito. Non obstante, neste último caso, a dedución estará condicionada, con carácter resolutorio, ao exercicio da opción de compra.

A posta a disposición dos elementos patrimoniais ten que ser entendida como a dispoñibilidade da cousa obxecto do contrato, isto é, á entrega, é dicir, representa o xeito de adquisición do dominio por parte do adquirente.

A dedución practicarase na cota íntegra correspondente ao período impositivo en que se efectúe o investimento.

Porcentaxe de dedución

  • 5 por 100, con carácter xeral

  • 2,5 por 100, nos seguintes casos:

    1. a) Se no exercicio en que se obtiveron os rendementos reinvestidos aplicouse a redución do 20 por 100 do rendemento neto positivo declarado, prevista no artigo 32.3 da Lei do IRPF para os contribuíntes que inicien o exercicio dunha actividade económica e determinen o rendemento neto da mesma conforme ao método de estimación directa.

    2. b) Se os rendementos reinvestidos orixinaron o dereito á dedución por rendas obtidas en Ceuta ou Melilla do artigo 68.4 da LIRPF no exercicio en que se obtiveron.

Límites

O importe da dedución non poderá exceder da suma da cota íntegra estatal e autonómica do período impositivo en que se obtiveron os rendementos netos de actividades económicas.

Permanencia no patrimonio do contribuínte elementos patrimoniais obxecto de investimento

Os elementos patrimoniais obxecto de investimento deberán permanecer en funcionamento no patrimonio do contribuínte, agás perda xustificada, durante un prazo de 5 anos, ou durante a súa vida útil de resultar inferior.

Incompatibilidade

Esta dedución é incompatible coa aplicación da liberdade de amortización, coa dedución por investimentos regulados no artigo 94 da Lei 20/1991, do 7 de xuño, de modificación dos aspectos fiscais do Réxime Económico Fiscal das Canarias, e coa Reserva 545

para investimentos nas Canarias regulada no artigo 27 da Lei 19/1994, do 6 de xullo, de modificación do Réxime Económico e Fiscal das Canarias