12.3. Exceso non reducido achegas sistemas de previsión social
Neste apartado quedarán reflectidas as cantidades consignadas no recadro 0463, correspondentes a cantidades pendentes de reducir procedentes dos exercicios 2014 a 2018, as aplicadas a esta declaración e as cantidades que quedarían pendentes para exercicios futuros. Estas cantidades deberían estar consignadas nas declaracións deses exercicios, solicitando a posibilidade de redución nos 5 exercicios seguintes.
Tamén se reflectirán as cantidades achegadas no exercicio 2019, e as cantidades non aplicadas que se solicita poder reducir nos 5 exercicios seguintes.
Neste apartado non estarán incluídas as contribucións empresariais a seguros colectivos de dependencia.