13.4. Bases liquidables xerais negativas pendentes de compensar
Neste apartado aparecerán as bases liquidables negativas pendentes de compensar nos exercicios seguintes.
Así, quedarán reflectidas as partidas introducidas no recadro 0501, as cantidades pendentes procedentes dos exercicios 2015 a 2018, as aplicadas na declaración e, as cantidades que quedarían pendentes para exercicios futuros.
Se no exercicio 2019 existe base liquidable xeral negativa que queda pendente de compensación nos catro exercicios futuros tamén se reflectirá neste apartado.