Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2019

9.8.1. Condicións e requisitos xerais de aplicación

Os contribuíntes que realicen actividades económicas en estimación directa,  en calquera das súas dúas modalidades,  teñen dereito aos incentivos e estímulos ao investimento empresarial establecido na normativa do Imposto sobre Sociedades.

Estes incentivos só serán de aplicación aos contribuíntes en réxime de estimación obxectiva cando así se estableza expresamente.

Non obstante, as cantidades pendentes de deducir procedentes de investimentos realizados en exercicios anteriores en que o rendemento se determinase no réxime de estimación directa, poderán deducirse nesta declaración e ata a terminación do prazo legal concedido para iso, aínda que os suxeitos pasivos titulares estean acollidos neste exercicio ao réxime de estimación obxectiva.

Os investimentos realizados por entidades en réxime de atribución de rendas (sociedades civís que non estean suxeitas ao Imposto sobre Sociedades, herdanzas xacentes, comunidades de bens, etc.) que determinen os seus rendementos netos en estimación directa, poderán ser obxecto de dedución por cada un dos socios, herdeiros ou comuneiros en proporción á súa participación no beneficio da entidade (art. 8 Lei).