13.4. Bases liquidables xerais negativas pendentes de compensar
Neste apartado aparecerán as bases liquidables negativas pendentes de compensar nos exercicios seguintes.
Así, quedarán reflectidas as cantidades pendentes procedentes dos exercicios 2016 a 2019, as aplicadas na declaración e, as cantidades que quedarían pendentes para exercicios futuros.
Se no exercicio existe base liquidable xeral negativa que queda pendente de compensación nos catro exercicios futuros tamén se reflectirá neste apartado.