11.2. Ganancias patrimoniais imputadas por cuartas partes
O programa trasladará a este apartado do Anexo C a información correspondente ás axudas que se indican a continuación cando o contribuínte optase por imputaras por cuartas partes.
-
As axudas públicas percibidas como compensación polos defectos estruturais de construción da vivenda habituais e destinadas á súa reparación.
-
As axudas incluídas no ámbito dos plans estatais para o acceso por primeira vez á vivenda en propiedade, percibidas polos contribuíntes mediante pagamento único en concepto de Axuda Estatal Directa á Entrada (AEDE).
-
As axudas públicas outorgadas polas Administracións competentes aos titulares de bens integrantes do Patrimonio Histórico Español inscrito no Rexistro xeral de bens de interese cultural a que se refire a Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español, e destinadas exclusivamente á súa conservación ou rehabilitación.
-
As axudas públicas para a primeira instalación de mozos agricultores previstas no Marco Nacional de Desenvolvemento Rural de España que se destinen á adquisición dunha participación no capital de empresas agrícolas societarias.