14.2. Exceso non reducido das achegas á mutualidade de previsión social de deportistas profesionais
Neste apartado aparecerá reflectido o exceso non reducido das achegas á Mutualidade de previsión social realizadas por deportistas profesionais, pendentes de reducir nos exercicios seguintes.
Quedarán reflectidas as cantidades pendentes de reducir procedentes dos exercicios 2016 a 2020, as aplicadas nesta declaración, e as cantidades que quedarían pendentes para exercicios futuros. Estas cantidades deberían estar consignadas nas declaracións deses exercicios, solicitando a posibilidade de redución nos 5 exercicios seguintes.
Tamén se reflectirán as cantidades achegadas no exercicio e as cantidades non aplicadas que se solicita poder reducir nos 5 exercicios seguintes.