14.3. Bases liquidables xerais negativas pendentes de compensar en exercicios seguintes
Neste apartado aparecerán as bases liquidables negativas pendentes de compensar nos exercicios seguintes.
Así, quedarán reflectidas as cantidades pendentes procedentes dos exercicios 2017 a 2020, as aplicadas na declaración e, as cantidades que quedarían pendentes para exercicios futuros.
Se no exercicio 2021 existe base liquidable xeral negativa que queda pendente de compensación nos catro exercicios futuros tamén se reflectirá neste apartado.