4. Formalización. Cuestións previas.
-
A captura dos datos necesarios para realizar a declaración realizarase necesariamente desde a declaración individual de cada contribuínte.
Se desexa optar pola tributación conxunta da súa unidade familiar, o programa xerará a declaración conxunta a partir dos datos introducidos nas declaracións individuais. Non obstante, poderán cubrirse desde a declaración conxunta os seguintes datos:
-
Datos referentes ao Representante.
-
Declaración Complementaria (con efectos só na declaración conxunta)
-
Asignación Tributaria.
-
Conta corrente do documento de ingreso ou devolución
-
-
A declaración individual xerarase automaticamente en calquera dos seguintes supostos:
-
Contribuíntes falecidos no ano nun día distinto ao 31 de decembro.
-
Contribuíntes cuxo cónxuxe é non residente e non contribuínte do IRPF.
-
Tamén opcionalmente poderá marcar unha "X" se desexa introducir unicamente os seus propios datos económicos sen incluír os do resto da unidade familiar.
Neste caso, o programa non realizará os cálculos que lle permiten coñecer a modalidade de tributación (individual ou conxunta) que lle é máis favorable, nin admitirá a posibilidade de solicitar a suspensión do ingreso da débeda tributaria, nunha contía igual ou inferior á devolución á que teña dereito o seu cónxuxe por este imposto.
Unha vez confirmada esta pantalla non poderá ser modificada con posterioridade polo que se necesita facer algún cambio deberá iniciar unha nova declaración.
-