Saltar ao contido principal
Patrimonio 2021

3.1. Suxeitos pasivos do imposto

Por obriga persoal

Están suxeitas ao Imposto por obriga persoal as persoas físicas que teñan a súa residencia habitual en territorio español, esixindose o imposto pola totalidade do seu patrimonio neto con independencia do lugar onde se encontren situados os bens ou poidan exercitarse os dereitos de que resulten titulares.

Cando un residente en territorio español pase a ter a súa residencia noutro país poderá optar por seguir tributando por obriga persoal en España. A opción deberá exercitara mediante a presentación da declaración por obriga persoal no primeiro exercicio en que deixase de ser residente no territorio español.

Para a determinación da residencia habitual estarase aos criterios establecidos nas normas do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.

Os representantes e funcionarios do Estado español no estranxeiro e de Organismos, Institucións ou Estados estranxeiros en España quedarán suxeitos ao Imposto sobre o Patrimonio por obriga persoal ou real atendendo ás mesmas circunstancias e condicións que as establecidas para tales suxeitos pasivos nas normas do IRPF.

Por obriga real

Están suxeitas por obriga real as persoas físicas que non teñan a súa residencia habitual en España e sexan titulares de bens ou dereitos que estean situados, poidan exercitarse ou teñan que cumprirse en territorio español.

Estas persoas están obrigadas a presentar declaración exclusivamente por estes bens ou dereitos.

Tamén estarán suxeitas por obriga real as persoas físicas que adquiran a súa residencia fiscal en España como consecuencia do seu desprazamento a territorio español por motivos de traballo e que, ao abeiro do previsto no artigo 93 da Lei  de IRPF optasen por tributar polo Imposto sobre a Renda de non Residentes, mantendo a condición de contribuíntes polo IRPFdurante o  período impositivo en que se efectúe o cambio de residencia e os cinco seguinte.

Desde o 1 de xaneiro de 2021 todos os contribuíntes non residentes (e non só os que sexan residentes nun Estado membro da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo) teñen dereito á aplicación da normativa propia aprobada pola Comunidade Autónoma onde radique o maior valor dos bens e dereitos de que sexan titulares e polos que se esixa o imposto, porque estean situados, poidan exercitarse ou teñan que cumprirse en territorio español.

.