Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2022

4. Formalización. Cuestións previas.

  1. Se desexa coñecer a modalidade de tributación (individual ou conxunta) que lle resulta máis favorable deberá incorporar os datos económicos de todos os membros da unidade familiar.

    O programa mostraralle a declaración individual dos integrantes da unidade familiar que obtivesen rendas e a declaración conxunta (que se xera a partir dos  datos introducidos nas declaracións individuais).

    Unha vez comparadas poderá optar por presentar as declaracións individuais ou a conxunta.

  2. A declaración individual xerarase automaticamente  en calquera dos seguintes supostos:

    • Contribuíntes falecidos no ano nun día distinto ao 31 de decembro.

    • Se efectuou unha captura de datos individual; é dicir, se marcou o recadro correspondente a: "Se desexa que o programa soamente calcule a declaración individual do declarante, marque aquí".

      Neste caso, ao introducir unicamente os seus datos económicos, sen incluír os do resto da unidade familiar, o programa só lle mostrará a súa declaración individual e non realizará as operacións que lle permiten coñecer a modalidade de tributación que lle é máis favorable, nin admitirá a posibilidade de solicitar a suspensión do ingreso da débeda tributaria, nunha contía igual ou inferior á devolución á que teña dereito o seu cónxuxe por este imposto.

      Unha vez confirmada esta pantalla non poderá ser modificada con posterioridade polo que se necesita facer algún cambio deberá iniciar unha nova declaración.

    • Contribuíntes cuxo cónxuxe é non residente e non contribuínte do IRPF.

  3. A incorporación dos datos necesarios para realizar a declaración realizarase  necesariamente desde a declaración individual de cada contribuínte.

    Non obstante, poderán cubrirse desde a declaración conxunta os seguintes datos:

    • Datos referentes ao Representante.

    • Declaración Complementaria (con efectos só na declaración conxunta)

    • Asignación Tributaria.

    • Conta corrente do documento de ingreso ou devolución