8.4.2. Anualidades por alimentos a favor dos fillos satisfeitas por decisión xudicial
Cando o contribuínte satisfaga anualidades por alimentos aos seus fillos por decisión xudicial, se o seu importe é inferior á base liquidable xeral, aplicarase a escala xeral e a escala complementaria separadamente ao importe das anualidades por alimentos e ao resto da base liquidable xeral, desde que non teñan dereito ao mínimo por descendentes con respecto a eses fillos.
Por iso, os contribuíntes que satisfagan anualidades por alimentos aos seus fillos por decisión xudicial indicarán o seu importe, a fin de que o programa calcule o gravame da base liquidable xeral conforme a este procedemento.
Formalización
Incluirase, no apartado L "Anualidades por alimentos en favor dos fillos satisfeitas por decisión xudicial ", o NIF dos fillos se o tivesen e o importe no recadro 0527 da declaración.