5.8. Concepto de renda anual
O concepto de renda anual debe entenderse como a suma alxébrica dos rendementos netos (do traballo, capital mobiliaria e inmobiliario, e de actividades económicas), de imputacións de rendas e das ganancias e perdas patrimoniais computadas no ano, sen aplicar as regras de integración e compensación.
En concreto, a renda anual será a suma de:
-
Rendementos netos do traballo (recadro 0022)
-
Rendementos netos do capital mobiliario a integrar na base impoñible do aforro (recadro 0041)
-
Rendementos netos do capital mobiliario a integrar na base impoñible xeral (recadro 0054)
-
Rendementos netos do capital inmobiliario (recadros 0149). No caso de arrendamentos a familiares (recadros 0149 ou recadros 0152). Imputación de rendas inmobiliarias (recadro 0155)
-
Rendemento neto de actividades económicas (recadro 0224 + recadro 1479 + recadro 1553)
-
Imputacións de rendas [(recadro 1565 - recadro 1566) + recadro 1569 + recadro 1570 + (recadro 1571 - recadro 1572) + (recadro 1577 - recadro 1578 - recadro 1579) + recadro 0265 + recadro 0270 + recadro 0275 + recadro 0280]
-
Ganancias e perdas patrimoniais [(recadro 0418 - recadro 0419) +(recadro 0422 - recadro 0423)]