8.2.8. Determinación da base liquidable xeral
A base liquidable xeral estará constituída polo resultado de practicar na parte xeral da base impoñible as reducións seguintes, xa expostas nos apartados anteriores:
-
Por tributación conxunta.
-
Por achegas a sistemas de previsión social. Réxime xeral.
-
Por achegas a sistemas de previsión social do cónxuxe.
-
Por achegas a sistemas de previsión social en favor de persoas con discapacidade.
-
Por achegas á mutualidade de deportistas profesionais.
-
Por achegas aos patrimonios protexidos das persoas con discapacidade.
-
Por pensións compensatorias e anualidades por alimentos.
A base liquidable xeral non poderá resultar negativa como consecuencia destas reducións.
Compensacións
Se o contribuínte tivese bases liquidables xerais negativas pendentes de compensar dos exercicios 2019 a 2022, poderá compensaras coa base impoñible xeral do presente exercicio consignandoas no apartado "J". Base liquidable xeral e base liquidable do aforro. Determinación da base liquidable xeral" no recadro 0501. A compensación deberá efectuarse na contía máxima que permita o recadro 0500.
Picando na icona "Máis info" ábrese unha xanela en que se visualizará o importe das bases liquidables xerais negativas de 2019 a 2022 pendentes de compensación.
Para cada exercicio mostrarase a información relativa ás cantidades pendentes de aplicar ao principio do período, as aplicadas no exercicio e os importes pendentes de aplicar en exercicios futuros.