Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2023

8.9. Importe do IRPF que corresponde á comunidade autónoma de residencia

A Lei 22/2009, do 18 de decembro, pola que se regula o sistema de financiamento das Comunidades Autónomas de réxime común e Cidades con Estatuto de Autonomía, establece con efectos do 1 de xaneiro de 2009 unha elevación da porcentaxe de cesión do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas do 33 %ao 50 %.

Picando na icona  "Máis info" que se encontra a continuación do recadro 0586 ábrese unha xanela en que se visualizará a información relativa ao importe do IRPF que corresponde á Comunidade Autónoma de residencia do contribuínte.

Con carácter xeral, os datos que aparecen en cada unha dos recadros deste apartado son o resultado de efectuar as operacións que se indican no texto de cada unha delas .