Ingreso adicional dunha declaración presentada previamente
Debe consignar:
-
o nº de rexistro en España da declaración anterior que se desexa pagar, que consta no xustificante de presentación desa declaración,
-
o exercicio e o período (primeiro trimestre, segundo trimestre, terceiro trimestre, cuarto trimestre, xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro)
Ao introducir estes datos cargaranse automaticamente os datos da declaración que se desexa pagar e aparecerán cumprimentados os apartados:
-
Declarante
-
Apartado 2. Exercicio e período
-
Apartado 3. Resultado por EM de consumo
No apartado 3 constará para cada EM de consumo o importe “Que hai que ingresar en España”, que se calcula por diferenza entre o “Resultado da declaración en España” e o saldo xa ingresado previamente en España.
O “Importe total pendente de ingresar no Estado membro de identificación (España)” é a suma das cantidades “A ingresar en España” correspondente aos diversos EM de consumo.
Se un EM de consumo emitiu un recordatorio de pagamento sobre o importe pendente de ingresar, a débeda pendente de pagamento correspondente a ese EM xa non poderá ser ingresado en España e aparecerá na columna da “Ingresar “no EM consumo por existir recordatorio de pagamento”.