Saltar ao contido principal

Detidos en Almería 22 integrantes dunha organización criminal dedicada ao tráfico de drogas a grande escala

Operación conxunta da Axencia Tributaria e a Policía Nacional

  • Operaban con lanchas rápidas para ‘alijar’ a droga dende alto mar á costa granadina e almeriense e daban portes do estupefaciente a calquera punto da península co método ‘go fast’
  • Foron intervidos 745 quilos de hachix, 2.600 pastillas de éxtase, cocaína, cristal, dúas embarcacións de recreo e desmantelouse unha plantación de marihuana
  • Os arrestados, nove dos cales ingresaron en prisión, están acusados como presuntos responsables dos delitos de tráfico de drogas, pertenza a organización criminal e defraudación de fluído eléctrico

11 de xuño de 2022.- Funcionarios de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria, nunha operación conxunta con axentes da Policía Nacional, detiveron en Almería a 22 integrantes dunha organización criminal dedicada ao tráfico de drogas a grande escala.Operaban con lanchas rápidas para ‘alijar’ a droga dende alto mar á costa granadina e almeriense e daban portes do estupefaciente a calquera punto da península co método ‘go fast’. Foron intervidos 745 quilos de hachix, 2.600 pastillas de éxtase, cocaína, cristal, dúas embarcacións de recreo e desmantelouse unha plantación de marihuana.Os arrestados, nove dos cales ingresaron en prisión están imputados como presuntos responsables dos delitos de tráfico de drogas, pertenza a organización criminal e defraudación de fluído eléctrico.

A investigación, que contou nunha primeira fase coa colaboración de Garda Civil, iniciouse en outubro do ano pasado.Os axentes descubriron que varias persoas, na provincia de Almería, vinculadas con embarcacións recreativas, poderían estar vinculadas co transporte de hachix ata a costa almeriense e que terían feito da súa misión de ‘alijar’ droga o seu modo de vida.

As indagacións dos axentes detectaron que a organización, unha vez chegaba á costa coas embarcacións cargadas co estupefaciente, era recibida por un grupo numeroso de persoas que comezaba a descarga de fardos de arpillería co estupefaciente, para despois ocultalos nunha furgoneta que abandonaba rapidamente o lugar por camiños rurais e entre invernadoiros para tratar de eludir posibles vixilancias e seguimentos.

Nesta primeira fase, detectouse unha embarcación que, tras dirixirse a gran velocidade á costa, encallou na praia da Fortaleza, onde se encontraban os encargados de descargar o estupefaciente e os transportistas, sendo detidos os pilotos da embarcación e cinco persoas máis.Durante a operación interceptouse nunha zona de invernadoiros a furgoneta que transportaba 720 quilos de hachix ocultos en 24 fardos.

De lanchas rápidas ao ‘go fast’

Tras a operación anterior, os investigadores decatáronse da gran capacidade da organización para readaptarse ao golpe policial e poder continuar coa súa actividade delituosa, descubrindo que o método que empregaban dende ese momento era o coñecido como ‘go fast’.

Mediante este método, empregando vehículos de gran cilindrada dispostos en caravana con funcións repartidas –un de ‘lanzadeira’ con funcións de seguridade e outro cargado co estupefaciente–, realizaban portes de droga dende distintos puntos de Andalucía a provincias catalás.Estes traxectos, rodeados de fortes medidas de seguridade, facíanse a gran velocidade e sen escalas, de punto de recollida a punto de entrega.

Unha ‘gardaría’ rexentada por un matrimonio

As xestións practicadas polos axentes permitiron localizar unha ‘gardaría’ no domicilio dun matrimonio integrante da organización, que estaba situada no municipio almeriense de La Mojonera, así como unha plantación de marihuana.Con toda a información recompilada, finalmente leváronse a cabo cinco entradas e rexistros en varios municipios de Almería -Vícar, Roquetas de Mar, El Ejido e a Mojonera.

Durante os rexistros, levados a cabo cun amplo dispositivo policial, incautáronse 25 quilos de hachix, 2.600 pastillas de éxtase, 57 gramos de cocaína e 43 gramos de cristal.Tamén se interveu un revólver de fogueo con munición, 18 dispositivos de telefonía móbil, máis de 5.000 euros en efectivo, así como todo o material localizado na plantación de marihuana.

Ademais dos sete arrestos levados a cabo na primeira fase, durante esta segunda efectuáronse 15 detencións de nacionalidades rusas e españolas.Os 22 arrestados foron postos a disposición da autoridade xudicial como presuntos responsables dos delitos de tráfico de drogas, pertenza a organización criminal e defraudación de fluído eléctrico, ingresando nove deles en prisión.

Filmación do operativo (para descargar o vídeo débese introducir a seguinte dirección web):

https://we.tl/t-NUHrjWpRjq

23/xuño/2022

-->