Saltar ao contido principal

Redución temporal do tipo do IVA aplicable ás entregas, importacións e adquisicións intracomunitarias de determinados combustibles

Publicouse o Real Decreto-lei 17/2022, do 20 de setembro, polo que se adoptan medidas urxentes no ámbito da enerxía, na aplicación do réxime retributivo ás instalacións de coxeración e redúcese temporalmente o tipo do Imposto sobre o Valor Engadido aplicable ás entregas, importacións e adquisicións intracomunitarias de determinados combustibles.

Con efectos dende o 1 de outubro de 2022 e vixencia ata o 31 de decembro de 2022, aplicarase o tipo do 5 por cento do Imposto sobre o Valor Engadido ás entregas, importacións e adquisicións intracomunitarias de gas natural e briquetas e pellets procedentes da biomasa e á madeira para leña.

Real Decreto-ley 17/2022, de 20 de septiembre,

por el que se adoptan medidas urgentes en el ámbito de la energía, en la aplicación del régimen retributivo a las instalaciones de cogeneración y se reduce temporalmente el tipo del Impuesto sobre el Valor Añadido aplicable a las entregas, importaciones y adquisiciones intracomunitarias de determinados combustibles.