Envíos por un valor de máis de 150 euros
Infórmate aquí, antes de facer a túa compra por Internet ou recibir un paquete dun particular
Se vas facer compras por Internet debes saber que todas as mercadorías que procedan de países NON pertencentes á Unión Europea, Ceuta ou Melilla, están suxeitas ao pagamento de dereitos de importación, IVE ou IXIC (e se é o caso, Impostos Especiais) e require a presentación dunha declaración de importación.
A declaración aduaneira poderá presentarse polo teu operador de transporte (Correos ou Courier), polo teu representante aduaneiro ou polo destinatario do envío.
Se queres presentar a túa propia declaración, debes utilizar o formulario “Declaración de envíos para particulares” dispoñible nas xestións desta mesma páxina.
Cambios desde o 1 de novembro de 2026
A Comisión Europea aprobou, con data de entrada en aplicación 1 de novembro de 2026, dúas obrigas adicionais relacionadas coa importación de envíos vendidos nunha venda a distancia: o pagamento dunha taxa de tramitación e a subministración do identificador do produto.
A taxa de tramitación é dun importe de 2 euros por categoría de artigos e págose conxuntamente co arancel de 3 euros por categoría de artigos. Aplican as mesmas regras de pagamento explicado no apartado dedicado ao arancel.
Os identificadores de produto a declarar son:
- Identificador do produto do comerciante (M-PID)
- Identificador de produto do fabricanto non normalizado (NS-PID). Pode ser o mesmo que o S-PID.
- Identificador de produto normalizado do fabricante (S-PID)
Os dous primeiros, M-PID e NS-PID teñen que subministrarse en todo caso. O S-PID, se non existe, non se declara e declárase un código de dispensa Y081 no seu lugar.
Nas guías técnicas e na guía da Comisión amplíase información ao respecto. Estas guías están accesibles desde as ligazóns do lado dereito desta páxina.