Clasificación da mercadoría. TARIC
Como saber o importe exacto dos dereitos arancelarios e do IVE á importación. As axudas á exportación e a política comercial aplicable á mercadoría
Adxudicación de código arancelario á mercadoría
Por que debe clasificarse unha mercadoría se que importe ou exporte nunha partida arancelaria?
A clasificación nun código dunha determinada mercadoría farase segundo a nomenclatura anexa ao Convenio internacional do Sistema Harmonizado de designación e codificación de mercadorías (SA) ou do Arancel Aduaneiro Común (AAC) da Unión Europea. Este código está formado por grupos de números: seis díxitos (SA), oito (Nomenclatura Combinada), dez (TARIC) ou máis (outras nomenclaturas).
A correcta clasificación arancelaria permite, entre outras cousas:
- Coñecer o importe exacto dos dereitos arancelarios e do IVE á importación. Que lle serán aplicables á mercadoría importada.
- Coñecer con exactitude as posibles axudas da PAC ou doutro tipo na exportación.
- Coñecer todos os requisitos necesarios para importar ou exportar as mercadorías, por exemplo, certificados de importación, certificados sanitarios, licenza de importación, etc.
- Contribuír á exactitude das estatísticas das transaccións comerciais de importación e de exportación.