Débeda aduaneira e garantías
Infórmate do que debes pagar por importar ou exportar unha mercadoría e a constitución de garantías
Concepto de débeda aduaneira
A débeda aduaneira é a obriga dunha persoa de pagar o importe dos dereitos de importación ou de exportación aplicable a mercadorías específicas de acordo coa lexislación aduaneira vixente.
Inclúense nos dereitos de importación:
- Os dereitos de aduana e exaccións de efecto equivalente establecidos para a importación de mercadorías.
- Os gravames á importación establecida no marco da política agrícola común ou no dos réximes específicos aplicables a determinadas mercadorías resultantes da trasformación de produtos agrícolas.
Inclúense nos dereitos exportación:
- Os dereitos de aduana e exaccións de efecto equivalente establecidos para a exportación das mercadorías.
- Os gravames á exportación establecida no marco da política agrícola común ou no dos réximes específicos aplicables a determinadas mercadorías resultantes da transformación de produtos agrícolas.