Tráfico Ro-Ro
Infórmate das peculiaridades do tráfico marítimo con cargamento rodado, por exemplo, de camións
A axilidade e rapidez que debe caracterizar ao tráfico ro-ro só pode ser garantida mediante un tratamento automatizado dos procesos de importación e exportación.
Para tal fin, lémbrase aos operadores e representantes aduaneiros que cómpre:
- Indicar na declaración aduaneira de importación/exportación:
- Recadro 19: código 1 (colector)
- Recadro 31: número de matricula do remolque/camión no apartado de colector.
- Facer constar o número de matrícula na solicitude aos Servizos de Inspección en Fronteira e, se é o caso, nos posicionamentos en recinto.
- Utilizar na medida do posible o preDUA de importación, solicitando o despacho con carácter previo á activación da DSDT .No recadro 40 do preDUA deberase incluír, no momento que dispoña dela , a partida de DSDT. A devandita partida pode consultarse a través da Sede Electrónica da AEAT, seleccionando a opción “Consulta por colectores” nas xestións desta mesma páxina.
Ademais, as peculiaridades e diferenzas nos sistemas informáticos dos portos de Bilbao, Santander e Alxeciras fan necesario ditar instrucións específicas para o tráfico ro-ro en cada un deles polo que se recomenda aos operadores que utilicen ou participen neste tipo de tráfico que consulten as devanditas instrucións.