Noticias de interese
Consulta as noticias recentes que che poden afectar
Novos códigos de condicións de entrega en INTRASTAT
Para as operacións realizadas a partir de 2022 (declaración do período de referencia xaneiro de 2022 de agora en diante) deberanse utilizar os seguintes códigos de condicións de entrega (INCOTERMS) :
Código | Significado | Responsabilidade do vendedor |
---|---|---|
EXW | En fábrica. | O vendedor efectúa a entrega cando as mercadorías se pon a disposición do comprador nas instalacións do vendedor ou outro lugar acordado (almacén, fábrica, etc) (calquera xeito de transporte). |
FCA | Franco transportista. | O vendedor efectúa a entrega da mercadoría ao transportista ou outra persoa designada polo comprador, nas instalacións do vendedor ou noutro lugar acordado (calquera xeito de transporte). |
FAS | Franco ao custado do buque. | O vendedor entrega as mercadorías a custado do buque no porto de embarque sinalado polo comprador (só transporte marítimo). |
FOB | Franco a bordo. | O vendedor entrega as mercadorías a bordo do buque e porto de embarque sinalado polo comprador (só transporte marítimo). |
CFR | Custo e frete. | O vendedor entrega as mercadorías a bordo de buque e paga o custo e transporte ata o porto de destino (só transporte marítimo). |
CIF | Custo, seguro e frete. | O vendedor entrega as mercadorías a bordo de buque e paga custo, transporte e seguro ata o porto de destino (só transporte marítimo). |
CPT | Transporte pago ata. | O vendedor entrega as mercadorías ao transportista ou a outra persoa designada polo vendedor no lugar acordado e contrata e paga o transporte ata o lugar de destino (calquera xeito de transporte). |
CIP | Transporte e seguro pago ata. | O vendedor entrega as mercadorías ao transportista ou a outra persoa designada polo vendedor no lugar acordado e contrata e paga os custos de transporte e seguro ata o devandito lugar (calquera xeito de transporte). |
DAP | Entregada nun lugar | O vendedor efectúa a entrega cando as mercadorías se pon a disposición do comprador no medio de transporte preparado para a descarga no lugar de destino acordado (calquera xeito de transporte). |
DPU | Entregada en lugar descargada. | O vendedor efectúa a entrega cando as mercadorías, unha vez descargas, son postas a disposición do comprador no peirao, almacén, depósito de colectores, estrada, ferrocarril ou terminal carga aérea, do porto ou lugar de destino acordado (calquera xeito de transporte). |
DDP | Entregados dereitos pagos. | O vendedor efectúa a entrega cando as mercadorías se pon a disposición do comprador, preparadas para a súa descarga no lugar de destino acordado, leva a cabo as formalidades aduaneiras e paga os dereitos de aduanas (calquera xeito de transporte). |