Réxime sancionador
Coñece as consecuencias do incumprimento das obrigas estatísticas
Se estás obrigado a presentar a declaración Intrastat non esquezas facero no prazo legal, así como verificar os datos identificativos e o contido, da declaración presentada, xa que a falta de presentación da declaración en prazo ou a inclusión de datos falsos, erróneos ou incompletos, poderían dar lugar á incoación dun procedemento sancionador. A incoación dun procedemento sancionador non exime da presentación ou corrección da declaración.
No suposto de que recibises unha comunicación da iniciación dun procedemento sancionador, podes presentar alegacións. Ademais, existe posibilidade de beneficiarche dunha redución do 40 %da multa se recoñeces a túa responsabilidade na infracción e realizas o pagamento da multa antes de que se dite a resolución, pero a devandita redución está condicionada á desistencia ou renuncia de calquera acción ou recurso en vía administrativa contra a sanción. Unha vez efectuado o pagamento, procede a gravar o NRC.