Sancións internacionais
Aquí encontrarás información sobre as sancións, que en prol de do fortalecemento da seguridade internacional, a defensa da democracia e dos dereitos humanos, son impostas no ámbito internacional
As sancións internacionais constitúen un elemento central da política exterior e de seguridade común, cuxo principal obxectivo é fortalecer a seguridade internacional, a defensa da democracia e dos dereitos humanos, de acordo cos principios da Carta da Nacións Unidas e co que se dispón no artigo 21 do Tratado da Unión Europea.
A aplicación destas medidas foi evolucionando co tempo, de maneira que, na actualidade, perseguen xerar o maior impacto posible sobre as persoas responsables de atacar estes valores e tratan minimizar os efectos humanitarios adversos.
Na Unión Europea as medidas restritivas configúranse como unha ferramenta clave da Política Exterior e de Seguridade Común (PESC) e empréganse para a defensa dos seus intereses estratéxicos e a protección dos seus obxectivos fundamentais no exterior.
En relación co comercio de mercadorías, as medidas poden incluír prohibicións ou restricións á importación e / ou exportación de determinadas mercadorías.
Para os efectos de coñecer se unha determinada mercadoría está suxeita a limitacións en relación cun determinado territorio, pódese consultar a base de datos TARIC da Unión Europea nesta mesma páxina