Tipo cero na importación destes produtos
O Real Decreto-lei 15/2020, na redacción dada polo Real decreto-lei 27/2020, establece que desde o 23 de abril e ata o 31 de outubro de 2020 (ambos os dous incluídos), aplicarase o tipo do 0 por cento de IVE ás importacións de bens incluídos no anexo, cando os importadores (recadro 8 da declaración aduaneira) sexan entidades de Dereito Público, clínicas ou centros hospitalarios, ou entidades privadas de carácter social.
Tendo en conta de que moitas destas operacións estaban xa exentas de IVE á importación por aplicación da DECISIÓN (UE) 2020/491 DA COMISIÓN do 3 de abril de 2020, o tipo cero aplicarase para aqueles casos en que se estea fóra do ámbito da Decisión (ex.: clínicas ou centros hospitalarios que non teñan a consideración de entidades de carácter social).
A forma de aplicar este tipo 0 será mediante a inclusión do código 125 no recadro 37.2 do DUA de importación. Este código é incompatible co C26 (o da franquía das vítimas de catástrofes) e, polo tanto, xurdirá débeda aduaneira.