Modificación do prazo que afecta aos xuros de mora en adiamentos COVID
Mediante o Real Decreto-lei 19/2020, do 26 de maio, polo que se adoptan medidas complementarias en materia agraria, científica, económica, de emprego e Seguridade Social e tributaria para paliar os efectos do COVID-19 , publicado no BOE o día 27 de maio, amplíase a catro meses o prazo de non deveño de xuros de mora para os adiamentos do 52 do Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19.
Antes desta modificación, estaba previsto que non se devindicasen xuros de mora durante os primeiros tres meses do adiamento.