Saltar ao contido principal

Inicio de probas para o BREXIT en exportación e tránsito o 1 de decembro.

No medio de probas, as táboas de países e demais parámetros das aplicacións de exportación (ECS) e tránsito (NCTS), están configuradas coma se o BREXIT producísese o 1.12.2020, en vez do 1.1.2021 que ten o medio de produción.  

Polo tanto, a partir do próximo 1 de decembro, poderanse facer probas de envío de declaracións de exportación e de tránsito coma se xa estivésemos en 2021 e xa se producise o BREXIT.