Saltar ao contido principal

Cambio de Letra do NIF non afectará ao EORI único na UE (Número de Identificación de Operador Económico)

Debido á gran importancia que o número EORI (Número de Identificación de Operador Económico) sexa único durante toda a vida dunha entidade xurídica ou persoa física; xa que é válido en toda a Unión Europea, coñecido por todos os Estados Membros e imprescindible para adquirir certas autorizacións aduaneiras, nas que o EORI non pode ser modificado; desactivouse a opción, existente ata o pasado 15 de decembro, de cambio de número do EORI porque cambiase a letra do NIF.

De xeito que o número EORI español sempre será o mesmo que se concedeu por primeira vez, e non poderá ser cambiado a pesar de que a entidade ou persoa cambien de NIF.