Novo Certificado 1415 "Inspección de Sanidade vexetal. Declaración responsable que presenta o importador"
O 13 de xullo deu de altase o certificado 1415 " Inspección de Sanidade vexetal. Declaración que presenta o importador e baixo a súa responsabilidade facendo constar que os produtos non están afectados polo control de inspección fitosanitaria". É dicir, non require tramitación co organismo competente.
Este código poderá declararse no recadro 44 para aquelas posicións estatísticas suxeitas a control polas medidas FTN (Inspección Sanitaria Importación) e TFT (Tránsito Inspección Sanitaria) e que estean afectadas pola remisión 02 389 "Para esta partida admitirase unha declaración do importador facendo constar que, baixo a súa responsabilidade, os produtos que se importan non están sometidos ao control de Sanidade vexetal (inspección fitosanitaria)".