Nota Informativa 22/2024
Nota Informativa 22/2024 do 4 de decembro do Departamento de Aduanas e Impostos Especiais, sobre a identificación do colector en exportacións con saída indirecta.
Ao obxecto de identificar correctamente o colector con que entra nun recinto aduaneiro de saída, mercadoría declarada de exportación noutra aduana, considerouse conveniente lembrar o procedemento que hai que seguir na devandita aduana.
Na mensaxe CC507 pódense incluír as discrepancias con respecto aos datos que se declararon, e está especialmente indicado naqueles casos en que, declarada a mercadoría en colector, o número deste descoñecíase no momento de presentar a declaración, pero é coñecido no momento da chegada do mesmo á aduana de saída.
Para iso na declaración de exportación, no grupo de datos correspondentes CONSIGNMENT (envío), no indicador de colector, indicarán 1, xa que vai en colector. E no grupo de datos EQUIPAMENTO DE TRANSPORTE, no dato do número de identificación do colector incluirán a expresión: DISCREPANCIACC507.
Así cando envíen a mensaxe CC507 notificando a chegada á aduana de saída, deberán indicar cun 1 en "EXPORT OPERATION/Discrepancias, que estas existen no campo de número de colector, do grupo de equipamento de transporte, e incluír o número de colector real co que a mercadoría entrará no recinto da aduana de saída.
É conveniente ademais aclarar que coa mensaxe CC507 con discrepancias non se rectifica a declaración. Se este fóra o desexo do declarante, en lugar de utilizar o procedemento indicado, podería modificar o número de colector declarado polo real coa mensaxe CC513 antes de que a mercadoría chegue á aduana de saída. E alí presentará aínda CC507 sen incluír discrepancias, xa que a aduana de saída recibirá a rectificación do colector antes de que este chegue.