Acumulación rexional entre Indonesia e Sri Lanka no que fai ás normas de orixe utilizada para os efectos do sistema de preferencias arancelarias xeneralizadas
A raíz dunha solicitude de Indonesia e Sri Lanka para beneficiarse da acumulación rexional prevista no artigo 55, apartado 5, do Regulamento delegado (UE ) 2015/2446 da Comisión, a Comisión decidiu autorizar esta posibilidade de acumulación.
De conformidade co artigo 55, apartado 2, letra a), do Regulamento delegado (UE) 2015/2446, este dereito está supeditado a que, no momento da exportación do produto á Unión, tanto Sri Lanka como Indonesia sigan sendo países beneficiarios no sentido do artigo 2, letras d), e) e f), do Regulamento (UE) 978/2012 do Parlamento Europeo e do Consello, e a que se apliquen as normas de orixe establecidas na subsección 2 do Regulamento delegado (UE) 2015/2446.
En relación ao ámbito de aplicación desta acumulación rexional, tal e como se detalla no aviso a importadores publicados no DOUE serie C/2024/4627 do 17 de xullo, Sri Lanka ten dereito a utilizar as materias téxtiles que figuran no cadro 1 orixinarias de Indonesia en réxime de acumulación da orixe para producir e exportar á Unión, ao abeiro dos tipos preferenciais do SPG , os produtos téxtiles que figuran no cadro 2.