Nova xestión de datados nas Illas Canarias con declaracións de exportación/expedición.
A partir do 9 de setembro poderase incluír como documento previo, nas declaracións con réxime 10 00, unha Declaración de Depósito Temporal (DDT) de mercadoría que se encontre en situación de Depósito Temporal, con situación adscrita a un recinto das Illas Canarias.
Desa forma quedará datada a partida da devandita Declaración de Depósito Temporal co levante da declaración de exportación/expedición. E non cumprirá a partir da devandita data a inclusión da partida da DDT no campo de documentos de acompañamento da declaración de exportación/expedición.