NIN 15/2025 e a mercadoría en H7
Como consecuencia de consultas recibidas ao respecto faise necesario sinalar o seguinte:
A NIN 15/2025 só introduciu como novidade a posibilidade de que mercadoría que se encontra en situación de depósito temporal ou zona franca e se vaia a reexportar poida tramitarse a súa saída indirecta do TAU mediante a presentación dunha declaración de reexportación.
En ningún caso faise referencia na mesma a outras declaracións previas á de reexportación, como é o caso da declaración H7, á que non afecta de ningún xeito a devandita NIN.
Cando se realizase o desenvolvemento para admitir H7 como declaración previa nunha reexportación , cuxa incidencia pode darse en situacións de segunda liña que non permiten a EXS, por non ser de saída directa do TAU , informaremos ao respecto.