Saltar ao contido principal

Publicación de nova revisión 1.16 da Guía técnica de Servizos Web de Tránsito para o Sistema NCTS6.

Publícase a revisión 1.16 da guía dos Servizos Web de Tránsito para o intercambio de información entre os Operadores e a Aduana no novo Sistema NCTS6 (New Computerized Transit System Phase 6). Esta guía recolle as mensaxes do dominio externo (comunicación entre o Operador Económico e a Axencia Tributaria) do compoñente nacional do Sistema Automatizado de Declaracións de Tránsito (NCTS6), así como as adaptacións que poidan ser necesarias para a mellora dos Sistemas Nacionais de Tránsito en liña co Código Aduaneiro da Unión (CAU).

Nesta nova revisión explícanse os cambios do sistema de declaracións de tránsito para adaptaro á Fase 6. Os devanditos cambios estarán dispoñibles no medio de probas o vindeiro 5 de agosto e no medio de produción o vindeiro 23 de setembro. Esta nova revisión tamén se actualiza con cambios de regras que están funcionando actualmente.

Guía técnica de Servizos Web de Tránsito para o Sistema NCTS6.