Saltar ao contido principal

Actualizacións nas medidas sobre o Control do comercio de Gases Fluorados: Efectos persoais e novos certificado exportación

Actualizáronse en TARIC as medidas de importación (MT724) e exportación (MT765) sobre o control de comercio de gases fluorados:


De conformidade co que se dispón no artigo 22, apartado 1, parágrafo segundo, do Regulamento (UE ) nº 2024/573, o código de documento TARIC Y162 (efectos persoais) eliminouse de todos os grupos de condicións, agás do grupo de condicións de Rexistro, en que se mantén en paralelo co Y123 .
En total actualizáronse 48 medidas de importación + 5 de exportación.
Esta actualización implica que cando se trate de efectos persoais, ademais de declarar Y162, débense declarar o resto de certificados necesarios para cumprir co resto de grupos de condicións (Prohibicións, Cota, Etiquetaxe...), xa que o Y162 exime da obriga de rexistro pero non do cumprimento doutras obrigas.

Exemplo:
Actualmente:


  A partir do 17/09/2025:



No referente á medida de exportación (MT765), introduciuse un novo certificado  Y193 "Recipientes rellenables para gases fluorados de efecto invernadoiro" para os recipientes baleiros.
En total actualizáronse 12 medidas.
 
A data de inicio destas actualizacións é o  17/9/2025. As medidas existentes pecharanse o 16/9/2025.