PreH7s mandados antes do 1 de xullo para mercadoría que se presenta a partir desa data
De acordo co art. 172 CAU , a normativa aplicable ás formalidades aduaneiras é a que estea en vigor no momento da admisión da declaración en aduana. É dicir, no caso de predeclaracións, será o momento de presentación da mercadoría, non a do momento en que se envía a predeclaración. Por iso, os preH7 lanzados antes do 1 de xullo, que se activen con posterioridade a esa data, estarán suxeitos á nova normativa pola que se aproba o arancel fixo de 3 euros. Como a predeclaración se mandará nun momento anterior á entrada en vigor dos cambios declarativos, pasarase un proceso informático automático para facer as modificacións oportunas nos códigos declarados e calcular o arancel. O funcionamento é o seguinte:
- PreH7 de junio-> NON ten A00
- Actívase en julio-> se se consulta de froma inmediata tras a activación, na resposta devolverase que NON ten A00.
- Na madrugada do día seguinte, pasarase un proceso informático que calculará o A00. Ademais, cambiaranse os códigos adicionais de réxime.
- Se se consulta despois dese proceso nocturno, devolverase a resposta cos novos códigos e o A00 calculado.
Este proceso irase facendo nas madrugadas de xullo contra o día anterior, mentres haxa preH7s de alta en xuño que se activen en xullo. Desta forma, asegúrase que, para o momento de cálculo da carta de pagamento, están actualizados.