Saltar ao contido principal

Sentenza do Tribunal Xeral da Unión Europea do 28/01/2026. Asunto T-177/25

En relación coa rectificación dunha declaración en aduana existindo solicitude de continxente (posterior ao levante), hai que ter en conta a sentenza do Tribunal Xeral da Unión Europea do 28/01/2026, Asunto T-177/25, que no seu punto 42 indica "o artigo 173, apartado 3, do Código Aduaneiro da Unión debe interpretarse no sentido de que non permite a un operador engadir, a unha declaración en aduana presentada anteriormente, un número dun continxente arancelario específico para substituír, nesa declaración, o arancel erga omnes inicialmente solicitado por un arancel preferencial",  non permitindose polo tanto a devandita modificación con posterioridade ao levante.