Saltar ao contido principal

Peche definitivo da aplicación de depósito previo ao CAU (DVD preCAU) o luns 9 de maio

O luns día 09 05 2022, ás 08:00, producirase o peche definitivo da versión de documentos de vinculación a depósito previo ao CAU (DVD preCAU).

Lémbrase que, en declaracións aduaneiras de importación e exportación, na mesma declaración, non se pode declarar documentos de vinculación a deposito preCAU e CAU simultaneamente.
Ademais, en declaracións de importación e depósito, desde a data e hora de peche de DVD preCAU, non se poderá declarar o recadro 49. En declaracións de exportación, tamén desde esta data, este recadro pasará a ser opcional e, aínda que se declare, non se terá en conta. Proximamente anunciarase a data en que o recadro 49 non se poderá declarar tampouco en declaracións de exportación.

Resumo das últimas novidades publicadas en Aduanas relacionadas con vinculación a Deposito que se poden consultar na Axencia Tributaria: Novidades de aduanas

25/abril/2022: Declaracións de vinculación a depósito - CAU. Data de recapitulación vs. data de inscrición en rexistro de declaracións de vinculación a depósito CAU e outras consideracións
12/abril/2022 Modificación de regras da guía XML de documentos de vinculación a depósito relacionado con elementos persoais.
04/abril/2022 H2 Validacións de elementos persoais en mensaxes de depósito e peche definitivo do dvd PreCau.