Declaracións simplificadas
Infórmate de como presentar unha declaración simplificada se che falta algún dato ou documento xustificativo
Definición de declaración simplificada
As autoridades aduaneiras poderán aceptar que unha persoa inclúa mercadorías nun réxime aduaneiro, servindose dunha declaración simplificada na que se poderán omitir algúns dos datos mencionados no artigo 162 do Código Aduaneiro da Unión (CAU) ou os documentos xustificativos mencionados no artigo 163 do CAU.
Polo tanto, unha declaración simplificada é aquela á que lle falta algún dato obrigatorio ou ben non achega algún documento xustificativo tamén obrigatorio.