Rexistro do Declarante EIR
Autorización de declaración en aduana a través da Inscrición nos Rexistros do Declarante
Descrición do EIR
Unha autorización de inscrición nos rexistros do declarante (EIR) é a autorización que habilita o declarante a presentar unha declaración en aduana en forma de inscrición nos seus propios rexistros, sempre que os datos desa declaración estean a disposición das autoridades no sistema electrónico do declarante.
Esta inscrición debe ser obxecto, con carácter xeral, dunha declaración complementaria presentada á autoridade aduaneira por medios electrónicos, que conteña todos os datos necesarios para o réxime aduaneiro considerado.
Sempre cumprirá ter autorización para usar esta simplificación (EIR), en que se fixarán as condicións de uso da mesma.